Publicidad

Publicidad

Red Universia

Universia :: Home >

Publicidad



Recursos digitales

Buscador

> Buscar
> Avanzada
Buscar en:
  Museos y exposicione...
  Todos los directorios
  En Universia

MUSEO CASTELAO

 
 

Enlace: http://www.museocastelao.org/index.php

Descripción: «Dende o 7 de xaneiro do 2000, cincuenta anos despois da súa morte en Bos Aires, a vida e obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pasarán a ser un patrimonio accesible a todo o mundo e servirán para tender unha ponte entre a memoria histórica e o presente. A posta en marcha do primeiro museo virtual de Galicia, destinado á figura de Castelao, servirá para que os cidadáns poidan ter acceso e profundizar na ampla e diversa obra do máis ilustre dos nosos persoeiros.
O Consello da Cultura Galega, a Fundación Castelao e Vieiros queren homenaxear a figura egrexia do político, artista e escritor de Rianxo no 50 cabodano da súa morte. Castelao foi un dos artífices da chegada da modernidade á identidade cultural de Galicia, e a súa figura non só debería ser unha referencia para os galegos, senón tamén parte do patrimonio universal. Estas tres organizacións desexan continuar na tradición de modernidade que o propio Castelao adiantara no seu tempo levando a súa obra, a súa vida e investigacións sobre a súa figura ás novas tecnoloxías da comunicación cunha proxección universal.»